Header image  
BENVIDOS A VIRIATO  
line decor
  
line decor
 
 
 
 

 
 
QUEN SOMOS?

A Asociación Micolóxica Viriato leva máis de vinte anos divulgando temas relacionados coa micoloxía básica, coa culinaria....
temos participado en infinidade de actos relacionados co mundo que nos ocupa, apoiando activamente a asociacións, concellos, entidades etc. Ben coa nosa propia presencia ou ben prestando distintos materiais, libros, folletos, carteis, microscopio, fotografías. Levamos impartido conferencias e semanas micolóxicas, xornadas, cursos de cociña, feito exposicións, dirixido cursos de fotografía, de cartelería nas escolas e en outro tipo de centros.

E neste camiño seguimos como se pode comprobar ao achegarse ás nosas actividades.

Nesta web atoparedes informacións sobre as nosas actividades e sobre o mundo dos cogomelos en xeral.
Aceptamos suxerencias e comentarios sobre este mundo que tanto nos apaixona. Aqueles artigos, comentarios ou fotos de interese serán incluídos con moito gusto.

Envíanos un email